O primeiro grupo reuniuse o venres 3 de decembro por primeira vez. Despois dunha votación decidiron que o nome do club será OS LECTORES MÁXICOS"
Propuxeron crear dentro deste blog unha parte na que poidan facer recomendacións de lectura asos seus compañeiros e compañeiras.
O libro elexido por este grupo será: A señorita Bubble: de Ledicia Costas.
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o
mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá
solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse
naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo
seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.
Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da
señorita Bubble.