sábado, 11 de decembro de 2021

OS LECTORES MÁXICOS

 O primeiro grupo reuniuse o venres 3 de decembro por primeira vez.  Despois dunha votación decidiron que o nome do club será  OS LECTORES MÁXICOS"  

Propuxeron crear dentro deste blog unha parte na que poidan facer recomendacións de lectura asos seus compañeiros e compañeiras. 

O libro elexido por este grupo será: A señorita Bubble:  de Ledicia Costas.  

 

A Señorita Bubble (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN E-book) (Galician Edition)  eBook : Costas, Ledicia, Meixide, Andrés: Amazon.es: Libros

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

EMPEZAMOS

 Este ano imos empezar un novo proxecto, a creación de clubs de lectura.  Fíxose unha convocatoria entre os nenos e nenas de 6º de primaria e a resposta foi enorme.  Nun primeiro momento apuntáronse 27 alumnos e alumnas, polo que tivemos que facer varios grupos.

Os grupos terán unha reunión mensual no recreo (de 12 a 12:30) os venres.

A primeira tarefa sería buscar un nome para cada grupo e un para o blog.  E despois buscar un libro interesante para ler.

Estas son algunhas das recomendacións de títulos





NOVAS LECTURAS

 Estes son os terceiros libros que lemos                6º de primaria                               Os xogos olímpicos de ningures         ...