luns, 14 de febreiro de 2022

TRABALLO DE "MEMORIA DO SILENCIO"

 Memoria do Silencio foi un libro que non gustou moito.  Probablemente estaba pensado para máis idade.  Non obstante investigamos sobre a historia que conta o libro e soubemos que está baseado nunha historia real, a das irmás Touza, que axudaron a uns 500 xudeos durante a II guerra mundial a fuxir dos nazis. Este é o traballo que fixo este grupo, con imaxes reais das protagonistas e do seu pobo, Ribadavia.

 




mércores, 2 de febreiro de 2022

PAPÁ CANIBAL

 Os tres grupos do club de lectura decantáronse por ler o mesmo libro desta vez.  

PAPÁ CANIBAL, de Antonio M. Fraga.

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín. Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!

 


IRENE, A PORTEIRA

 Os nenos e nenas de 6º buscaron información sobre Irene, a porteira protagonista do cómic.  Este é o traballo de Carme Iglesias sobre a nos...