mércores, 2 de febreiro de 2022

PAPÁ CANIBAL

 Os tres grupos do club de lectura decantáronse por ler o mesmo libro desta vez.  

PAPÁ CANIBAL, de Antonio M. Fraga.

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín. Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ÚLTIMOS LIBROS DE LECTURA

Estes son os úlitimos libros de lectura deste ano