Para todos e todas as que intentastes ler o libro cóntovos a parte real da historia. Varios dos protagonistas existiron (outros non) e teñen unha historia moi interesante. Déixovos aquí unha pequena presentación sobre as protagonistas: as irmás Touza.
domingo, 23 de xaneiro de 2022
sábado, 8 de xaneiro de 2022
REGALIÑOS DE NADAL
O terceiro grupo elexiú o nome de " Regaliños de Nadal" e un libro moi interesante:
Memoria do Silencio
de Eva Mejuto

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade
PEQUENOS LECTORES
O segundo grupo elexiu o nome de "Pequenos lectores" e un libro moi divertido:
Como entrenar a tus padres
de Pete Johnson
Acabo de chegar a un colexio superserio e superaburrido e, de pronto, os meus pais están obsesionados cos deberes, os exames e as actividades extraescolares. Incluso teñen secuestrada a miña tele! Menos mal que coñecín a Maddy e esta reveloume o segredo mellor gardado da historia: as catro reglas para entrenar aos teus pais.
sábado, 11 de decembro de 2021
OS LECTORES MÁXICOS
O primeiro grupo reuniuse o venres 3 de decembro por primeira vez. Despois dunha votación decidiron que o nome do club será OS LECTORES MÁXICOS"
Propuxeron crear dentro deste blog unha parte na que poidan facer recomendacións de lectura asos seus compañeiros e compañeiras.
O libro elexido por este grupo será: A señorita Bubble: de Ledicia Costas.
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
EMPEZAMOS
Este ano imos empezar un novo proxecto, a creación de clubs de lectura. Fíxose unha convocatoria entre os nenos e nenas de 6º de primaria e a resposta foi enorme. Nun primeiro momento apuntáronse 27 alumnos e alumnas, polo que tivemos que facer varios grupos.
Os grupos terán unha reunión mensual no recreo (de 12 a 12:30) os venres.
A primeira tarefa sería buscar un nome para cada grupo e un para o blog. E despois buscar un libro interesante para ler.
Estas son algunhas das recomendacións de títulos
-
No mes de decembro empezamos de novo cos clubs de lectura. Este ano temos 4 grupos constituídos.. ·3 de 6º e 1 de 5º Os clubs de 6º xa em...
-
Os nenos e nenas de 6º buscaron información sobre Irene, a porteira protagonista do cómic. Este é o traballo de Carme Iglesias sobre a nos...
-
Estes son os terceiros libros que lemos 6º de primaria Os xogos olímpicos de ningures ...
