sábado, 11 de decembro de 2021

OS LECTORES MÁXICOS

 O primeiro grupo reuniuse o venres 3 de decembro por primeira vez.  Despois dunha votación decidiron que o nome do club será  OS LECTORES MÁXICOS"  

Propuxeron crear dentro deste blog unha parte na que poidan facer recomendacións de lectura asos seus compañeiros e compañeiras. 

O libro elexido por este grupo será: A señorita Bubble:  de Ledicia Costas.  

 

A Señorita Bubble (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN E-book) (Galician Edition)  eBook : Costas, Ledicia, Meixide, Andrés: Amazon.es: Libros

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

1 comentario:

  1. Acabo de rematar o libro e, a verdade, gustoume moito. Non podía parar de ler a historia. Recordade, o venres 14 temos reunión.
    Espero as vosas opinións

    ResponderEliminar

IRENE, A PORTEIRA

 Os nenos e nenas de 6º buscaron información sobre Irene, a porteira protagonista do cómic.  Este é o traballo de Carme Iglesias sobre a nos...