Os novos libros para ler foron:
6º de primaria.- Como actualizar a tus padres de Pete Johson
5º de primaria 1.- Os xogos olímpicos de ningures de Pinto&Chinto
5º de primaria 2.- Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.
Esperamos que vos gustasen
Os novos libros para ler foron:
6º de primaria.- Como actualizar a tus padres de Pete Johson
5º de primaria 1.- Os xogos olímpicos de ningures de Pinto&Chinto
5º de primaria 2.- Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.
Esperamos que vos gustasen
Temos 2 grupos de 5º de primaria e un grupo de 6º. Os grupos de 5º teñen 8 e 10 integrantes. O grupo de 6º está formado por 5 alumn@s.
No mes de decembro lemos os seguintes libros:
5º.- Irene, a porteira (cómic)
5º Amanda Black
6º Irene, a porteira
LECTURA E AVENTURA é o nome que os nenos e nenas de 6ºA e B elixiron para o seu grupo.
Estes son os libros lidos ate o de agora
Cal foi o que máis vos gustou?
Esperamos os vosos comentarios
No mes de decembro empezamos de novo cos clubs de lectura. Este ano temos 4 grupos constituídos.. ·3 de 6º e 1 de 5º
Os clubs de 6º xa empezaron. No mes de decembro leron "A señorita Bubble"
O club de 5º de primaria empezará este mes co libro "Papá canibal"
Este é o calendario de reunións
O próximo 23 de marzo teremos a visita do autor. Ide pensando no que queredes preguntar.
Memoria do Silencio foi un libro que non gustou moito. Probablemente estaba pensado para máis idade. Non obstante investigamos sobre a historia que conta o libro e soubemos que está baseado nunha historia real, a das irmás Touza, que axudaron a uns 500 xudeos durante a II guerra mundial a fuxir dos nazis. Este é o traballo que fixo este grupo, con imaxes reais das protagonistas e do seu pobo, Ribadavia.
Os tres grupos do club de lectura decantáronse por ler o mesmo libro desta vez.
PAPÁ CANIBAL, de Antonio M. Fraga.
Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín. Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!